Chus Pato [Poesía contra coronavirus]

 

Chus Pato é unha das voces máis representativas da poesía galega contemporánea. é autora de once poemarios, publicados entre 1991 e 2019, polos que recibiu varios premios, como o nacional da crítica española e, en dúas ocasións, o losada dieguez, así como o premio Mondoñedo 10. Ademais da súa importante proxección no ámbito anglosaxón, os seus libros foron editados en países como Arxentina, Portugal, holanda ou Bulgaria, e a súa obra foi recollida en decenas de antoloxías nacionais e internacionais. Participou en distintos e prestixiosos festivais en todo o mundo. no ano 2015, a súa voz foi incorporada ás gravacións da Woodberry Poetry Room de havard, que recolle as palabras de figuras das letras universais como Elizabeth Bishop ou W. h. Auden. Os seus poemas romperon os estereotipos da poesía galega no ano 2000 con m-Talá (2000). O seu libro máis recente titúlase Un libre favor (2019).